Onte xa empezamos coa celebración. O mestre Pazos contounos cousas sobre a vida de Lois Pereiro e, como unha das cousas que facía era traducir os textos, xogamos coa poesía. Traducimos ao galego diferentes poemas mantendo a rima. Costounos pero divertímonos e conseguímolo.