PROXECTO CURSO 2016-2017

PROXECTO CURSO 2016-2017

martes, 10 de enero de 2017

Novidades no comezo de ano

Co novo ano, poderemos disfrutar de novos exemplares tanto de libro de narrativa como de libros de consulta para os diferentes niveis educativos

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Como en anos anteriores O equipo de coordinadores de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Morrazo, da que forma parte o noso centro, publica unhas guías de lecturas e música en lingua galega para este curso.
As guías están organizadas por etapas ás que se lle engade un apartado para ás familias.
Esperamos que vos sexan útiles e que vos animedes a agasallar e mercar libros e música na nosa lingua.Agradecemos a colaboración de Leandro Lamas polas súas ilustracións.

EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA


EDUCACIÓN SECUNDARIA


martes, 15 de noviembre de 2016

Día das Bibliotecas

Na semana do 26 ao 29 de outubro celebramos no cole a Semana das Bibliotecas. Mestras e mestres convertéronse en SUPERCONTACONTOOOOOOS!!!

jueves, 10 de noviembre de 2016

Samaín terrorífico

Para celebrar este Samaín, o equipo de biblioteca decidiu ambientar un pouco a entrada da nosa biblio, pero o resultado foi que o noso carballo converteuse non monstro, que o único que facía era tragarrrr e tragarrrrr a quén pasase por alí.

martes, 18 de octubre de 2016

Celebración Dia das bibliotecas en Cangas

Dende as Bibliotecas de Aldan, Darbo e Coiro propoñense diferentes actividades para que disfrutedes con vosos nenos e nenas.