Para celebrar o día do libro, os nenos e as nenas do colexio tiveron ocasión de asistir durante os recreos a un taller de títeres. Traballamos con tres contos: Os tres porquiños, A que sabe a lúa e Carrapuchiña Vermella. Logo representaron, coa profe Alicia, o conto A que sabe a Lúa no teatro de sombras.
O alumnado de 3º ciclo preparou lecturas en voz alta de diversos textos literarios: poesía, teatro e narrativa, tanto en lingua galega como en lingua castelá.
As nenas e nenos de infantil "viaxaron" polas súas aulas onde atoparon un conto diferente en cada unha delas. Logo crearon os seus marcapáxinas.