1- Queremos mellorar a nosa biblioteca (expurgo e novo sistema de catalogación) e para iso precisamos pechala ao longo deste curso cando menos.
2- A consecuencia deste peche é que NON HABERÁ SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS mentres non se remate o traballo.
3- Polas tardes, de luns a venres de 16,00 a 17,00h, permanecerá aberta cun espazo ben delimitado para o seu uso.
4- Os usuarios non poderán coller das estanterías ningún libro. Recomendámosvos que, ou ben traides da casa un libro, ou facer os deberes ou outras actividades.
5- Para a procura de información poderanse empregar os ordenadores.
Este ano o proxecto do centro é “O UNIVERSO…”. Gustaríanos contar coa vosa participación nas actividades que se propoñan.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA