PROXECTO CURSO 2018-2019

PROXECTO CURSO 2018-2019

jueves, 20 de octubre de 2011

OLI PRESENTA O SEU CONTO "ARTUR" AOS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL



O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo.
Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...

Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí. Descubriu entón que habitaba unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido que se abría ante os seus ollos sorprendidos e curiosos.





 XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ (Cangas, 1960)
Profesor de Educación Infantil, escritor e especialista en Literatura Infantil. É co-director da colección  SeteLeguas de KALANDRAKA, editorial na que publicou os álbums “Once damas atrevidas” e “O pirata pata de lata”. Colaborou con outras editoriais como Xerais, Galaxia e Ir Indo. 

MARC TAEGER (Berna, Suiza, 1963) 
Viviu en cidades como Milán, Nápoles, Schriesheim e Lisboa. En 1975 instalouse en Barcelona, onde estudou deseño gráfico. Actualmente reside en  Bueu, onde segue traballando como deseñador e ilustrador. Animación, pintura, escultura e arte gráfica son algúns dos eidos nos que plasma a súa obra, que se expuxo en Luxemburgo, Alemaña, China, España, Francia e Costa Rica, entre outros países. 
Recibiu o Premio Daniel Gil 2005 polo libro “A verdadeira historia de Carapuchiña”, editado por KALANDRAKA, onde tamén ilustrou “Aquiles o puntiño”, “Garavanciño” e “Tic-tac”. Deseña a imaxe gráfica da colección de narrativa do selo FAKTORÍA K


Estas son algunhas fotos da presentación do conto:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design personalized with Smilebox