A LINGUA
Chegou unha nena labrega coa boca cargada de mel á porta pechada da escola e non llo quixeron coller.
Helena Villar e Xesús Rábade (Cantan os nenos, 1983)
En educación Infantil, onte despois de falar sobre o por qué de non haber clase nestes días, as mestras decidiron propor aos nen@s unha sinxela actividade. Agardamos a continuidade deste tipo de propostas, tódolos días do curso, non só nesta data conmemorativa das nosas letras.
Chegou unha nena labrega coa boca cargada de mel á porta pechada da escola e non llo quixeron coller.
Dicía:
laranxa,
paxel,
pelouro,
árbore,
tixola,
trepia,
perixel.
Volveu a meniña prá casa
coa boca amarguexa de fel.
¡Coitado o meniño galego,
Se o mestre non fala como el!
Helena Villar e Xesús Rábade (Cantan os nenos, 1983)
Se queredes botar unha ollada premede sobre o enlace do seu blog:
No Faro de Vigo: -Ferrín resalta a "forza nerudiana" da poesía de Paz Andrade...
- Música para lembrar ó intelectual
- Opinións: No día grandeiro das nosas letras (Alfonso Paz Andrade)
- Suplemento especial Faro da Cultura Letras Galegas
Na Voz de Galicia: - Escolma de novas sobre o escritor publicadas neste días no diario
Concurso de relatos breves convocado co gallo das letras Galegas por Feiraco: