Grazas Luís polo premio
Liebster Blog significa en alemán "blog favorito" e unha vez recibido o premio debemos continuar esta cadea: debemos elixir os nosos 5 blogs favoritos e enviarlles o premio, porque se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea.
As instrucións que debemos seguir son as seguintes:
As instrucións que debemos seguir son as seguintes:
- Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho outorgou.
- Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de 200 seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
- Confiar en que continúen a cadea premiando a súa vez os seus cinco blogs preferidos.E os blogs que eleximos son:Anacos do cole, o blog da aula dos marcianos e da súa mestra Vane, por compartir con tod@s (compañeiras, familias,...) o seu quefacer diario.Este blog xa nos otorgou noutra ocasión outro premio. Apertas mil !!!Acuarios de papel, o blog da mestra Raquel e @s nen@s de 2ºB, por deixarnos unha ventá aberta para poder seguir de cerca as vivenzas da súa aula.O blogui, blog do alumnado de infantil e administrado por tódalas mestras, incluida eu, desta etapa.Innovarte, o blog de dúas mestras de infantil, no que nos mostran o seu bo facer diario e no que comparten as súas reflexións sobre diferentes temas educativos. Do que son fiel seguidora.BiblioChans, o blog da biblioteca do colexio CEIP Chans-Bembrive, pola axuda prestada por Ana (mestra responsable da biblioteca) para solucionar dúbidas sobre o sistema de catalogación (CDU). Unha grandísima aperta.