PROXECTO CURSO 2018-2019

PROXECTO CURSO 2018-2019

viernes, 16 de mayo de 2014

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 13 de maio veu ao noso colexio Sabela Gago, unha contacontos moi divertida.
Contounos un conto no que os personaxes representabámolos nós.
O conto trataba de tres galiñas, consideradas  as máis fermosas do galiñeiro:
Poliplasta, Punchinela e Polipua.
Foi unha sesión moi divertida.
Estaremos esperando con impaciencia unha nova sesión de animación para o próximo curso!!! 
Ah, felicitounos pola preciosa biblioteca que temos no cole!