PROXECTO CURSO 2018-2019

PROXECTO CURSO 2018-2019

jueves, 12 de noviembre de 2015

POLA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 12 de novembro, recibimos unha charla informativa sobre a "Violencia de xénero" por parte de Vero, garda civil.




Coñecemos que o 25 de novembro é o Día Internacional da Non Violencia de Xénero, día no que en 1960 se rexistraba o asasinato das tres irmás Mirabal en República Dominicana, por orde do entón ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo. En 1981 celebrouse en Bogotá,o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, donde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, recordando o asasinato das irmás Mirabal.



Ademais da exposición e coloquio, visualizamos exemplos de situacións pouco correctas a través de vídeos. Deles sacamos importantes conclusións : debemos respetar a tódalas persoas por igual; usar un léxico non sexista, e que, tanto mulleres coma homes, temos os mesmos dereitos e deberes.