O día 6 de maio, recibimos a visita de Érica Esmorís, autora do último premio Merlín,"Nena e o mar".A escritora presentounos cal foi o traballo previo á creación da súa obra literaria, así como algúns dos aspectos da súa vida: a súa paisón polo mar, polos animais; como e donde escribe, ..., A charla foi moi interesante e axudounos a esclarecer algunhas das dúbidas que tiñamos sobre o libro.Ao rematar, moi amablemente, asinou en cada un dos libros dos alumnos e alumnas e no libro que temos na biblioteca para recoller as dedicatorias dos escritores que nos visitan cada ano.
GRAZAS ÉRICA!!!
ÉRICA ESMORÍS... on PhotoPeach